xoves, 17 de xaneiro de 2019

Así falou Zarathustra.



Unha invitación a sumerxirse no intempestivo, no ámbito da revelación. Se eu tuvera que elexir unha época para descubrir a Nietzsche sería a adolescencia, en tanto que época perigosa.

Perigosa no sentido de que é aí onde as persoas sentimos os pulo e as ansias de viivr, onde comenzas as apostas vitais fortes e onde temos que elexir cal vai a ser a nosa orientación existencial.

E nestes eidos Nietzsche é un verdadeiro guía no camiño da autenticidade. "De todo cando se escribiu eu amo só aquelo que alguén escribiu coa sua sangue" - exclama Zarathustra- marcando xa a intensidade coa está escrito o libro.

Para os que queiran asomarse aos libros de Nitzsche xa saben que na Biblioteca Escolar temos un bo elenco da sua obra. Así pois, queda feita, a invitación cara aos abismos da alma.



xoves, 22 de novembro de 2018

Biblioradio.



É tradicional que nos centros onde existen radios escolares teñan éstas unha gran vecindade coas bibliotecas. Así o é, polo menos, no IES A Pinguela. 

A radio escolar pode ser un bo altofalante para dar a coñecer as actividades que se fan enderredor da Biblioteca. A Biblioteca escolar tamén pode fornecer de contidos radiofónicos, xa que desde a radio poden emitirse magazines culturais ou espazos adicados a crítica literaria e fílmica.

No caso que nos ocupa hoxe, a modo de presentación do que pode ser esa constante e fructífera relación, presentámosvos un podcast emitido dende Radio Principal - Cadena Ser Monforte, onde o cordinador da Radio Pinguela nos fala dos retos da Biblioteca dixital e do posible traballo común entre o mundo das ondas e o mundo das letras.





luns, 5 de novembro de 2018

Xa estamos outra vez aquí!



Dende a Biblioteca da Pinguela queremos darvos a benviada e invitarvos a que nos visitedes. Xa sabedes que a Biblioteca é un lugar cheo de tesouros literarios e audiovisuais que estamos deseosos de compartir con tod@s vós.

Estaremos encantados de recibir as vosas reseñas, consideracións e ideas para intentar levalas a cabo e facer de este espacio de lectura un fogar acolledor para todos aqueles amantes da literatura en todas as súas formas.


mércores, 16 de maio de 2018

CERTAME DE TEATRO ESCOLAR

O grupo de teatro do instituto levou á escena Pros e contras, de Tabiche Rodríguez Hernández e adaptada pola directora Paqui Abeledo.  A obra foi representada na Casa da Cultura de Monforte, dentro do certame municipal organizado polo Concello. 
A protagonista, abrumada debido ao inminente desahucio da súa casa, sopesa suicidarse, e pola súa casa irá pasando unha galería de personaxes que aportarán os seus "contras" a esa decisión. Mesmo o público chegará a tomar parte do conflicto. Teatro social, teatro dentro do teatro, ruptura da cuarta parede... fixeron da obra deste ano unha forte aposta escénica que gustou moito ao público asistente. Noraboa!

venres, 11 de maio de 2018

DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS


Non se trataba dunha reunión de departamento, non. Foi unha visita á biblioteca de todos os profes de Matemáticas para festexar o 12 de maio, Día Escolar das Matemáticas, cargados de xogos relacionados coa súa materia. Moitas gracias a Abel, Cuqui, José Antonio e Juana por mostrarnos a súa faceta máis lúdica e a todo o alumnado que se achegou a aceptar os retos.