luns, 30 de xaneiro de 2017

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Fonte: Imaxes Google
O 30 de xaneiro de 1964 un fanático asesinou a Gandhi, o líder espiritual hindú.  Acabou coa súa vida, pero non coa mensaxe de loita contra as inxustizas por medio da resistencia non violenta.  Por iso, cada 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que foi recoñecido pola UNESCO dende o ano 1993.
Para tomar conciencia das inxustizas, dos actos violentos, das violacións aos dereitos humanos... homes e mulleres deberíamos poñernos na pel dos demáis, desenvolver a nosa empatía hacia os demáis, entender que ninguén é máis que ninguén.  Como o facemos?  Sen dúbida, a lectura é un dos instrumentos máis adecuados, ou tal vez unha película: podes meterte na pel dos protagonistas e sofrir as inxustizas con eles, ou sentir como estás loitando contra elas.  Por iso, invitámosche neste día a vir á biblioteca e escoller un exemplar que saque o mellor de ti.  Eiquí deixámosche algunhas propostas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario