venres, 24 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o Día de Rosalía, a nosa gran poeta do Rexurdimento, cunha exposición artística e coa visita do noso alumnado de 1º e 2º de ESO á Biblioteca Municipal para participar nun recital poético.  Ademáis, fixemos unhas chapas conmemorativas para repartir entre a comunidade educativa do instituto.

mércores, 15 de febreiro de 2017

NAMÓRATE EN GALEGO

"Namórate en galego" foi unha actividade realizada polo Equipo de Normalización Lingüística e o  Departamento de Lingua Galega, na que colaborou o Equipo de Biblioteca.  Cadaquén expresou os seus sentimentos por mor do 14 de febreiro, coñecido tradicionalmente como Día de San Valentín.  Podedes ver que o noso alumnado ten moitas dotes artísticas para expresar as súas emocións.

xoves, 2 de febreiro de 2017

CELEBRAMOS "LA CHANDELEUR"

O Equipo de Biblioteca transformouse por un día en Equipo de Cociña para colaborar co alumnado de Francés na celebración de "le jour de la Chandeleur".  
Neste día, o 2 de febreiro, os franceses elaboran e ofrecen "crêpes" ás súas familias e amigos cumprindo unha tradición, que se remonta á época romana, en honor do deus Pan para que protexa a colleita de fariña.
A pesar de que a borrasca comezou a arreciar foron moitos os participantes na nosa Chandeleur.