xoves, 27 de abril de 2017

CONFERENCIA DE SIRO SOBRE EL QUIJOTE


Entre as actividades desenvolvidas para celebrar o Día do Libro, convidamos ao debuxante e caricaturista Siro a impartir unha charla sobre o libro que ven de publicar na Casa de Galicia en Madrid: Cervantes e o Quixote.  A invención do humorismo.

Siro contounos por que xurdiu nel a necesidade de escribir sobre El Quijote, xa que o considera a verdadeira primeira mostra de humor; falou tamén da  atribulada vida de Cervantes que non lle impediu convertirse no primeiro novelista moderno; e rematou convidando ao noso alumnado a disfrutar da súa lectura.


martes, 25 de abril de 2017

XIV CONCURSO DE CÓMICS

A Biblioteca colaborou co Departamento de Lingua Castelá e Literatura na celebración do XIV Concurso de Cómics con motivo do Día Internacional do Libro.  Invitamos ao alumnado de ESO a facer un cómic, a partir de lecturas de novelas xuveniles e de contos.  Houbo unha grande participación, e fixemos un mural ben aparente para expoñer os traballos.  Todo un éxito!

mércores, 19 de abril de 2017

CÓNTAME UN CONTO NO DÍA DO LIBRO

Entre as actividades programadas para celebrar o Día do Libro 2017 atópase o proxecto "Cóntame un conto", en colaboración có Departamento de Lingua Castelá: o alumnado do noso centro agasállanos cun conto elixido libremente.  Velaiquí vai a nosa primeira contacontos, María Pérez Mariño:

domingo, 2 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Con motivo do Libro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil animamos ao noso alumnado de Primeiro Ciclo da ESO a participar no concurso "Andersen Hoxe", convocado por Galix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.  Á proposta desta asociación, limos nas aulas contos de Andersen, entre os que escolleron un personaxe, ao que debuxaron como o tería imaxinado o autor danés na nosa época.  Os debuxos seleccionados para enviar ao concurso foron os de Gabriel Aguiar, Lara Rodríguez e Álex Vázquez, de 2º de ESO.  No seguinte vídeo podedes ver as sereíñas, soldadiños, parruliños feos... do século XXI.