venres, 19 de maio de 2017

ASAMBLEA XERAL


O grupo de teatro do instituto representou onte, na Casa da Cultura Lois Pereiro e dentro do certame municipal dos centros de ensino monfortinos, a obra Asamblea Xeral, dos escritores Lauro Olmo, dramaturgo da corrente de teatro social, e Pilar Enciso, autora de teatro e contos infantís.
O Departamento de Lingua Galega realizou a traducción ao galego, o Departamento de Tecnoloxía fíxose cargo dos decorados e o alumnado dos Ciclos de Peiteado e de Estética encargouse das maquillaxes.  A directora do espectáculo teatral foi Francisca Abeledo. 

ARGUMENTO:
Os animais do bosque están amedrentados por unha terrible epidemia: a peste.  Eles supoñen que os deuses están enfadados polo seu comportamento e consideran necesario aplacar a súa ira.  O rei (león) convoca unha asamblea xeral onde estarán presentes a familia real (cocodrilo, araña, oso formigueiro e tigre), sempre defendidos polo avogado (lobo) e a compañeira do rei (raposa).  Alí tamén estará presente o pobo (gata e burro).  Na asamblea, cada animal ten que confesar os seus pecados para poder dilucidar cal de todos eles é o máis culpable e ofrecer aos deuses o sacrificio da súa vida.  Pero no mundo non sempre triunfa a xustiza...

REPARTO: 
GATIÑA: Sabrina Pérez
BURRIÑO: Belén Carreira
TIGRE: Henar Saco
ARAÑA: Alba Dalma
PREGOEIRO: Pedro López
VERDÚGUEZ: Antón López
RAPOSA: Sara Losada
OSO: Antía Saco
CROCODILO: Jonathan Vilariño
LOBO: Micaela Rodríguez
LEÓN LEÓNIDAS: Marta Dacosta


Ningún comentario:

Publicar un comentario