venres, 12 de maio de 2017

DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

Dende o ano 2000 vense celebrando o 12 de maio como o Día Escolar das Matemáticas, data promulgada pola FESPM (Federación Española de Profesores de Matemáticas), na honra de Pedro Puig Adam, nado tal día coma hoxe do 1900.

Por iso, o Departamento de Matemáticas  fixo da nosa biblioteca hoxe uha ludoteca matemática: xogos de lóxica, dominós, parchis alxebraicos... e o alumnado puido retarse cós profes que habitualmente enchen de números as súas aulas.  Algúns dos participantes quedaron con gañas de revancha e "enganchados" a estes xogos matemáticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario