venres, 27 de outubro de 2017

MERCADIÑO DE EXPURGO

Ás veces, hai que desterrar parte do pasado para deixar entrar futuro.  Nisto consiste o expurgo, labor imprescindible nunha biblioteca.  Pero ese pasado pode renacer nalgún outro lugar, formar parte de outros intereses...  Por iso, onte e hoxe realizamos un Mercadiño de Expurgo, aproveitando a conmemoración do Día das Bibliotecas, para aqueles membros do noso centro interesados en levar exemplares dos que nos desfacemos.  E foi todo un éxito!!


luns, 2 de outubro de 2017

INICIO DO CURSO 2017-2018

Iniciamos un novo curso escolar no instituto e na biblioteca.  Este ano teremos como lema o proposto dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar".  Xa temos o cartel, realizado polo ilustrador Xosé Tomás, exposto no taboleiro do edificio central, na porta da biblio... e tamén twiteado.  Achégate a pensar, a ler, a compartir, a propoñer... Agardámoste!