sábado, 25 de novembro de 2017

LECTURAS COMPARTIDAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Onte contamos coa visita de Nicolás Díaz, de 1º de Bacharelato, e a súa nai, Ana Quintián, para realizar unha lectura compartida en familia.  Eliximos un conto de Emilia Pardo Bazán, "El indulto", xa que relata un caso de violencia machista desgraciadamente cotidiano na actualidade, como nos explica a pardobazanista Cristina Patiño: 




Foi todo un verdadeiro pracer asistir a un momento de lectura en familia.  Moitas gracias pola colaboración de Ana e Nico!!

venres, 24 de novembro de 2017

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EXERCIDA DENDE AS REDES SOCIAIS

Tras ver o corto "Muda", invitamos ao alumnado de 1º de Bacharelato á reflexión sobre a violencia sexista exercida a través das redes sociais.  O colectivo adolescente é especialmente sensible a este tipo de manipulación.  O resultado, a partires das súas caras, mensaxes, lemas e dotes artísticas, convertiuse en carteis que colocamos na entrada do noso centro.  


martes, 21 de novembro de 2017

xoves, 2 de novembro de 2017

SAMAÍN 2017

Como diría Paco Nogueira, "moito maxín no Samaín" houbo no noso instituto: meigas (que prestaban libros ou que adeviñaban o futuro), chuches (pantasmas, caaveiras, morcegos...), concurso de cabazas, castañas, competicións... O certo é que o pasamos "de medo", e ata tivemos tempo de facer unha visita á Radio Principal Cadena Ser de Monforte, para falar do noso último podcast.






mércores, 1 de novembro de 2017

"EU TEÑO MEDO...", DE XABIER P. DOCAMPO



Estes días están cheos de contos de medo, películas de medo, debuxos terroríficos, disfraces fantasmagóricos, gominolas horripilantes e... poemas sobre os medos?, por que non? Nas voces de Sabrina e Loreto, invitámosvos a escoitar "Eu teño medo...", de Xabier P. Docampo, extraído do seu libro Cando petan na porta pola noite, e a botar fóra os vosos medos.  Se vos gusta e quedades con ganas de máis, non esquezades pasar pola biblio e levalo emprestado.
Desexámosvos terroríficas lecturas!!