martes, 24 de abril de 2018

ENCONTRO LITERARIO CON SUSANA FORTES


Enmarcada dentro dos "Encontros literarios do MECD 2018", o noso centro contou onte coa presencia da escritora Susana Fortes,  autora de Querido Corto Maltés (Premio Nuevos Narradores da editorial Tusquets en 1994) e El amante albanés (Finalista do Premio Planeta en 2003), entre outros moitos títulos. 
Susana Fortes deu unha conferencia no salón de actos que arrincou cunha pregunta ao alumnado -"¿Por qué leéis?"- a partir da cal realizou unha reflexión sobre a lectura, sobre a súa experiencia como lectora e escritora para rematar falando de como se xestou a súa última novela, Septiembre puede esperar.
Posteriormente, a escritora visitou a biblioteca do instituto para manter unha charla con algúns dos membros máis lectores da nosa comunidade educativa.

mércores, 11 de abril de 2018

PREMIO CONCURSO DE FOTOPOEMAS


Xa temos o fotopoema gañador do concurso deste ano.  O premio foi para a montaxe de Rocío González Jiménez, de 1º ESO B, sobre o poema "La concha" de Pedro Salinas.  Noraboa!