xoves, 22 de novembro de 2018

Biblioradio.



É tradicional que nos centros onde existen radios escolares teñan éstas unha gran vecindade coas bibliotecas. Así o é, polo menos, no IES A Pinguela. 

A radio escolar pode ser un bo altofalante para dar a coñecer as actividades que se fan enderredor da Biblioteca. A Biblioteca escolar tamén pode fornecer de contidos radiofónicos, xa que desde a radio poden emitirse magazines culturais ou espazos adicados a crítica literaria e fílmica.

No caso que nos ocupa hoxe, a modo de presentación do que pode ser esa constante e fructífera relación, presentámosvos un podcast emitido dende Radio Principal - Cadena Ser Monforte, onde o cordinador da Radio Pinguela nos fala dos retos da Biblioteca dixital e do posible traballo común entre o mundo das ondas e o mundo das letras.





Ningún comentario:

Publicar un comentario