xoves, 14 de febreiro de 2019

I Concurso de San Valentín






Dende a Biblioteca temos a satisfacción o día de San Valentín de presentar un concurso de escritos de amor moi especial, xa que se trata de un texto libre de temática amorosa que será entregado na Biblioteca antes do día 19 de Febreiro. Amores libres en modo, condición e forma, para todo o alumando que sexa quen de atreverse a poñer os seus sentimentos a través da arte da escrita.



Leede as bases e animádevos a deixar as vosas pegadas literarias na Biblioteca!


xoves, 17 de xaneiro de 2019

Así falou Zarathustra.



Unha invitación a sumerxirse no intempestivo, no ámbito da revelación. Se eu tuvera que elexir unha época para descubrir a Nietzsche sería a adolescencia, en tanto que época perigosa.

Perigosa no sentido de que é aí onde as persoas sentimos os pulo e as ansias de viivr, onde comenzas as apostas vitais fortes e onde temos que elexir cal vai a ser a nosa orientación existencial.

E nestes eidos Nietzsche é un verdadeiro guía no camiño da autenticidade. "De todo cando se escribiu eu amo só aquelo que alguén escribiu coa sua sangue" - exclama Zarathustra- marcando xa a intensidade coa está escrito o libro.

Para os que queiran asomarse aos libros de Nitzsche xa saben que na Biblioteca Escolar temos un bo elenco da sua obra. Así pois, queda feita, a invitación cara aos abismos da alma.