venres, 15 de febreiro de 2019

As Guerras Mundiais

Se botamos unha ollada a primeira mitade do século pasado, o primeiro que chama a atención é que foi un periodo marcado polo belicismo mundial. Para facernos unha idea do que pasou nalqueles tempos temos na nosa biblioteca unha magnífica escolma de peliculas e libros sobre este tema. Imos recomentar tres.

La primeira das nosas recomendación é  O Pianista, de Roman Polanski. Trátase dun filme que nos narra la ocupación nazi do territorio polaco e nos da conta holocausto xudeo desde o punto de vista do famoso pianista Wladyslaw Szpilman, quen sufriu a persecución e o xenocidio nas súas propias carnes.


Es segundo lugar, temos Stalingrado, de Joseph Vilsmaier, que nos conta a historia dun conxunto de soldados alemanes que descansan en Italia antes de ser enviados ao frente ruso, que se convertirá no más cruel da Segunda Guerra Mundial. Esta costosa producción do cine xermano é un fiel reflexo dunha das páxinas mais importantes da historia desde a perspectiva de catro xóvenes alemáns. O seu sentido do deber e a defensa dos seus ideais se enfrentarán coa crueldade e a inutilidade da guerra cando un exercito é botado a súa sorte, dun xeito suícida, a destruir e ser destruido.

A última das nosas recomendacións é Adios a las armas, de Frank Borzage, unha adaptación da novela homónima de Ernest Hemingway, esta vez situada no escenario da Primera Guerra Mundial, onde nos asomaremos á historia de amor entre unha enfermeira británica e un oficial de ambulancias americano.



Son tres exemplos de narracións que nos axudan a comprender, desde unha óptica máis humana, o drama e a desolación que produxeron os conflictos armados no século XX á vez que cultivan a nosa sensibilidade estética e literaria. 

xoves, 14 de febreiro de 2019

I Concurso de San Valentín






Dende a Biblioteca temos a satisfacción o día de San Valentín de presentar un concurso de escritos de amor moi especial, xa que se trata de un texto libre de temática amorosa que será entregado na Biblioteca antes do día 19 de Febreiro. Amores libres en modo, condición e forma, para todo o alumando que sexa quen de atreverse a poñer os seus sentimentos a través da arte da escrita.



Leede as bases e animádevos a deixar as vosas pegadas literarias na Biblioteca!