venres, 1 de marzo de 2019

O manuais da Biblioteca.

Toda biblioteca escolar que se precie debe ter unha boa colección de manuais. Os manuais son compendios, que poden estar ordeados dun xeito histórico ou temático, dunha certa displina. Así pois, podemos ter manuais de Bioloxía, de Física, de Antropoloxía ou de Literatura.



Dos nosos anqueis decolgamos unha escolma de oito manuais para dárvolos a coñecer. Temos un clásico como é "Historia do pensamento filosófico e cientítico", en tres volúmenes, de Reale e Antiseri, que pode ser moi útil para moitas investigacións en Bacharelato. O recen publicado polo noso amigo Xurxo Ayán, tamén pode ser moi util para guiar os nosos traballos de campo, e chámase "Arqueoloxía". Temos manuais que nos axudarán a facer comentarios na materia de arte ou que nos orientaran diacrónicamente nas materias vencelladas á Literatura, así como outros máis científicos como o manual de "Ciencias da Terra". Non nos esquencimos dalgunha xoia canónica, como o manual de Historia das Relixións de Eliade, que se ben é un libro do século pasado tamén é certo sempre será unha referencia para os estudosos do fenómeno relixioso.