luns, 16 de decembro de 2019

ULF, o vikingo galego.



A editorial Xerais ben de estrear unha nova banda deseñada que leva por título Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia da man do ilustrador Alberto Varela Ferreiro. A historia, como vedes, non pode deixar de ser tan fascinante:





Dende o departamento de Historia pedíronnos que nos fixéramos cun exemplar desta obra xa que da boa conta dalgúns feitos ocurridos no periódo máis oscuro da nosa historia, entre o séculos IX e XI. Cabe advertir que esta obra, ao principio, pode parecer delabazada e dispersa, pero responde as incursións esporádicas que fixeron o vikingos nas nosas  costas. Mais logo remata facendo unha semblanza do guerreiro ULF que acaba tendo sentido á luz dos mapas e as acotacións histórico-bibliográficas que temos ao final da obra: todo cobra sentido ao final! Ademais é unha obra que nos introduce na mitolóxia nórdica así como tamén nos abre o ollos as súas descubertas arqueolóxicas máis recentes.


luns, 2 de decembro de 2019

Cómics.

Na nosa Biblioteca temos unha extensa colección de libros de banda deseñada, algúns deles verdadeiros clásicos do xénero.

Vos facemos a continuación unha pequena escolma a modo de invitación para que vos pasedes por esta vosa Bilbioteca para escoller o que máis vos guste:



Explorando o mundo.



Seica o alumnado de 1ºESO está preparando en grupos unha expedición imaxinal para viaxar a diferentes lugares da Terra. 





Xa se sabe, a imaxinación da para moito! E nós, dende a Biblioteca, que nos enteramos de todo, preparamos uns anaqueis onde atoparedes unha gran cantidade de revistas de viaxes que fagan voar, se cabe, aínda máis o voso maxín.




Contra a violencia machista.



Dende a Biblioteca do IES A Piguela queremos ecoar ise berro multitudinario que está a ter o feminismo en todos os recunchos da nosa sociedade nestes días.




Na Biblioteca,para facernos resón dete rexeitamento, preparamos unha escolma de libros que van na procura de poñer luz diante deste problema insivilizado ou non o suficientemente tratado. Veleaí os títulos que seleccionamos para tod@s vós!