luns, 16 de decembro de 2019

ULF, o vikingo galego.



A editorial Xerais ben de estrear unha nova banda deseñada que leva por título Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia da man do ilustrador Alberto Varela Ferreiro. A historia, como vedes, non pode deixar de ser tan fascinante:





Dende o departamento de Historia pedíronnos que nos fixéramos cun exemplar desta obra xa que da boa conta dalgúns feitos ocurridos no periódo máis oscuro da nosa historia, entre o séculos IX e XI. Cabe advertir que esta obra, ao principio, pode parecer delabazada e dispersa, pero responde as incursións esporádicas que fixeron o vikingos nas nosas  costas. Mais logo remata facendo unha semblanza do guerreiro ULF que acaba tendo sentido á luz dos mapas e as acotacións histórico-bibliográficas que temos ao final da obra: todo cobra sentido ao final! Ademais é unha obra que nos introduce na mitolóxia nórdica así como tamén nos abre o ollos as súas descubertas arqueolóxicas máis recentes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario