Onte, 8 de marzo, o mundo enteiro ruxiu co berro soberado de milleiras persoas que clamaban por un mundo máis xusto entre mulleres e homes. E dende a Biblióteca tamén queremos rindir unha homenaxe a todas aquelas escritoras que fixeron da República das Letras unha patria máis amplia e aberta a diferenza.
martes, 10 de marzo de 2020
luns, 2 de marzo de 2020
A Pinguela de Cine!
O vindeiro 10 de marzo farase un casting entre o alumnado que desexe participar na película "Live is Life" de Dani de la Torre. Dende a Biblioteca xa nos tarda porder ver e ter na nosa colección esta película con alumnos do centro!
martes, 11 de febreiro de 2020
Degustación na Biblioteca.
Como cada ano faremos unha degustación de crepes dende a Biblioteca. Compartimos, pois, para fecelo público, o cartaz do acto. Esperamos que veñades e vos gusten!!
luns, 10 de febreiro de 2020
Os códices na Biblioteca.
O pasado mércores 5 de xuño se mostrou na Biblioteca unha edición fascímil do códice mánuscrito que se coñece baixo o nome xenérico de "O libro vermello de Jung". O fin desta charla-exposición era que os estudantes de Psicoloxía entraran en contacto coa obra do famoso psiconalista suizo.
Aproveitamos a ocasión para falar dos códices manuscritos, que eran os libros que había antes da invención da imprenta e que son verdadeiras xoias de arte. E particular estivemos vendo e interpretando algunha miniatura de "O Beato de Liebana" e de como este tipo de literatura tuvo os seu influxo sobre a obra de Jung.
Nos vindeiros días colgaremos un video que están realizando dende o grupo de traballo de CINE para que vos fagades unha idea de cómo foi esta charla-exposición.
luns, 27 de xaneiro de 2020
Feliz Idade, premio da crítica 2019.
Dende a nosa Biblioteca queremos transmitir os parabéns a profesora e bibliotecaria do centro Olga Novo polo galardón coa que a crítica ven a premiar o seu último poemario, “Feliz Idade”.
A poeta tende unha mecha
desde a xeración que a precedeu á que lle segue;
entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai
e da nenez da filla. Nese punto, no territorio puro e esperanzado
do presente, estes versos ofrécennos o avanzar dun lume
libertario ao que os seus lectores asistimos enmeigados e pampos.
É cando a palabra se vai recreando, co seu devir, no mundo rural,
telúrico e bíblico da Terra á maneira de John Berger,
nas lonxitudes dun discurso incesante, ao Walt Whitman,
e nas múltiples luzadas que soamente poden aparecer
desde o preliterario, ao xeito de Rosalía de Castro.
Canda moitos outros confrades e parceiros electivos
(Dylan Thomas, Anaïs Nin ou Luís Pimentel, ademais da enxurrada
desbordada do surrealismo), a deste libro é tamén unha poesía
sinestésica, ancorada na patria dos que saben amarse
con tolemia incondicional.
1917, unha historia dentro da Historia.
As bibliotecas son lugares propicios para gardar, atesorar e contar historias. Tal vez por iso -á espera de adquirila en video para a nosa colección- invitamos ao alumnado de 1º de Bacharelato e 4º da ESO a proxección nos cines Hollywood de Monforte de Lemos da película 1917 da que vos deixamos o trailer comentado co que esperamos que se entenda mellor o filme.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)