luns, 27 de xaneiro de 2020

Feliz Idade, premio da crítica 2019.


Dende a nosa Biblioteca queremos transmitir os parabéns a profesora e bibliotecaria do centro Olga Novo polo galardón coa que a crítica ven a premiar o seu último poemario, “Feliz Idade”.

A poeta tende unha mecha desde a xeración que a precedeu á que lle segue; entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla. Nese punto, no territorio puro e esperanzado do presente, estes versos ofrécennos o avanzar dun lume libertario ao que os seus lectores asistimos enmeigados e pampos. É cando a palabra se vai recreando, co seu devir, no mundo rural, telúrico e bíblico da Terra á maneira de John Berger, nas lonxitudes dun discurso incesante, ao Walt Whitman, e nas múltiples luzadas que soamente poden aparecer desde o preliterario, ao xeito de Rosalía de Castro. Canda moitos outros confrades e parceiros electivos (Dylan Thomas, Anaïs Nin ou Luís Pimentel, ademais da enxurrada desbordada do surrealismo), a deste libro é tamén unha poesía sinestésica, ancorada na patria dos que saben amarse con tolemia incondicional.



Ningún comentario:

Publicar un comentario