Dende a nosa Biblioteca queremos transmitir os parabéns a profesora e bibliotecaria do centro Olga Novo polo galardón coa que a crítica ven a premiar o seu último poemario, “Feliz Idade”.
A poeta tende unha mecha
desde a xeración que a precedeu á que lle segue;
entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai
e da nenez da filla. Nese punto, no territorio puro e esperanzado
do presente, estes versos ofrécennos o avanzar dun lume
libertario ao que os seus lectores asistimos enmeigados e pampos.
É cando a palabra se vai recreando, co seu devir, no mundo rural,
telúrico e bíblico da Terra á maneira de John Berger,
nas lonxitudes dun discurso incesante, ao Walt Whitman,
e nas múltiples luzadas que soamente poden aparecer
desde o preliterario, ao xeito de Rosalía de Castro.
Canda moitos outros confrades e parceiros electivos
(Dylan Thomas, Anaïs Nin ou Luís Pimentel, ademais da enxurrada
desbordada do surrealismo), a deste libro é tamén unha poesía
sinestésica, ancorada na patria dos que saben amarse
con tolemia incondicional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario